PROGRAMAS FORMATIVOS

PROGRAMAS FORMATIVOS

CURSO DE PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS. CONTROL DE INCENDIOS EN PORTOS DEPORTIVOS

OBXETIVOS

O Obxectivo desta acción formativa é proporcionar aos participantes habilidades e coñecementos que lles capaciten para realizar con seguridade e confianza as accións necesarias para a protección contra os incendios nas instalacións portuarias, portos deportivos e clubs náuticos, e entidades relacionadas co mar. Estudar situacións de riscos, medidas e prevención de incendios.

CONTIDO

1. Plans de autoprotección

2. Protección activa nos incendios

3. Características e manexo dos equipos de extinción

4. Seguridade contra incendios en portos deportivos

5. Utilización de equipos de protección individual (EPI)

6. Protección pasiva das instalacións

7. Evacuación de persoas

8. Comportamento das persoas nas emerxencias

9. Os riscos nos incendios

CURSO DE PREVENCIÓN DE EMERXENCIAS. PRIMEIROS AUXILIOS PARA PERSOAL DE PORTOS DEPORTIVOS

OBXETIVOS

O obxectivo desta acción formativa é proporcionar aos participantes habilidades e coñecementos que lles capaciten para realizar con seguridade, corrección e confianza, as primeiras accións de axuda a vítimas de accidentes, ademais de identificar a atención de Primeiros Auxilios en situacións de emerxencia e catástrofe específicos para o persoal nas instalacións portuarias, portos deportivos e clubs náuticos, e entidades relacionadas co mar. Recoñecer as situacións de riscos, medidas e prevención de accidentes mais habituais.

CONTIDO

1. Plans de autoprotección

2. Principios básicos do socorrismo

3. Normas xerais de aplicación dos primeiros auxilios para persoal de portos

4. Características e manexo dos recursos dun botiquín

5. Actuación en caso de traumatismos, feridas, hemorraxias, fracturas, esguices e luxacións

6. A asfixia, reanimación cardiopulmonar, os desfibriladores automáticos

7. Salvamento en medio acuático, plan de acción e toma de decisións, a intervención

8. A utilización dos equipos de protección individual (EPI)

9.A protección persoal e os riscos na aplicación dos primeiros auxilios

10. O comportamentos das persoas nas emerxencias sanitarias

2.1. XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN

MANIPULACIÓN MECÁNICA DE CARGAS

CONTIDO

A. Introdución. Definición e factores de risco.

B. Sistemas de manipulación mecánica

    Equipos de manipulación de cargas

    Accesorios de elevación de cargas

    Mantemento de equipos e accesorios

C. Procedementos de traballo

    Instrucións de traballo

    Señalización

    Equipos de protección individual

D. Coordinación de actividades

Asociados
Colaboradores